sábado, 29 de octubre de 2022
jueves, 20 de octubre de 2022
jueves, 13 de octubre de 2022
VISITA A CELANOVA
Hoxe foi día de visita cultural a Celanova:visitamos a casa de Curros,o mosteiro,a capela de San Miguel e a biblioteca do instituto. Impresionante todo,verdade?
Seguro que aprendestes cousas novas e importantes.
lunes, 3 de octubre de 2022
AS NOSAS PLANTAS
Que contentos estamos!
As nosas plantas están espectaculares!
Vimos todo o proceso de xerminación.Vemos como o sol e a auga as fan medrar moitííísimoooo!!!!
Será que lles gusta estar na clase acompañadas?????😀😀😀😅
viernes, 9 de septiembre de 2022
CURSO 2022-2023
Que alegría reencontrarnos de novo!
Ver ,por fin, os sorrisos , xuntarnos, abrazarnos...,esquecendo o
que foi un mal soño que ogallá non se repita.
Disfrutaremos un montón este curso, intentando que sempre perduren nas nosas memorias os mellores momentos vividos nesta etapa.
A empezar con moito ánimo.
VEÑA!!!!!!!🍀💖
miércoles, 22 de junio de 2022
BO VERÁN!
Como cada curso chega este día e veñen ao pensamento unha mestura de sensacións.
Ao longo do ano intentamos aprender pasándoo o mellor posible.
Día tras día transcurre a vida dentro da clase, onde xurden todo tipo de situacións que dificilmente se poden explicar se non se viven. É marabilloso!
Quero que disfrutedes o verán ao máximo,porque o tempo pasa moi rápido.Esperareivos en setembro con moita ilusión para seguir xuntos.
Hoxe foi día de troula,como non podía ser doutra maneira.Tivemos de todo:aniversario,maxia,xogos,comida...
FANTÁSTICO!
BO VERÁN MEUS AMORES!!!💖😍
martes, 21 de junio de 2022
PREMIOS :ATRÉVETE A TER UNHA IDEA
Un ano máis , unha alumna do noso colexio (Xiana da nosa clase) gañou o premio do concurso Atrévete a ter unha idea.
Fomos a Santiago ao acto onde a agasallaron cunha tablet e un diploma.
PARABÉNS,XIANA!!!!








.jpg)
