jueves, 26 de noviembre de 2020

25N

 25 de novembro de 2020:temos unha pandemia para a que están a piques de sacar vacina, pero cantos 25 N teremos que estar recordando a violencia de  xénero? Cando empezará a dar resultado a nosa vacina:EDUCACIÓN NA IGUALDADE?

Espero que algún día estas xeracións cambien a situación ,e o 25 N sexa un día calquera.



sábado, 21 de noviembre de 2020

EXPERIMENTOS

O día 10 de novembro celébrase cada ano o Día Mundial da Ciencia.
Nós celebrámolo facendo algúns experimentos.A ver que vos parecen!!!
Pasámolo moi ben!!!












































lunes, 2 de noviembre de 2020

QUEN DIXO MEDO?

Celebramos o "Samaín",non como outros cursos;pero disfrazámonos e trouxemos unhas cabazas decoradas que quedaron fantásticas!!!!!



domingo, 25 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

O día 19 de outubro celébrase o "Día das Escritoras".Nós quixemos facerlle unha pequena homenaxe ás escritoras galegas,unhas precursoras (nun mundo moi difícil para as mulleres), e outras actuais(noutro momento non menos difícil),buscando algunhas biografías.Todas elas deléitannos coa súa obra,demostrando o seu traballo e esforzo en cada unha das súas palabras,das súas liñas,das súas obras.Grazas a todas!!!! 



HORA DE LER

 Encántanos a "Hora de Ler" ,pero se é o aire libre,aínda máis.Nestas circunstancias,nós aproveitamos o entorno privilexiado do cole para facela.