sábado, 4 de enero de 2020

REMATE DE TRIMESTRE!

Estes nenxs traballaron moito todo o trimestre e iso merece unha recompensa;polo tanto ,o último día foi de  "relax": pintura,xogos de mesa e merendola.
Moi bo traballo!
Vinde con moitas ganas o próximo trimestre para seguir aprendendo.
Boas vacacións e a DESCANSAR!


PONTE NAS ONDAS!

Viñeron ao cole Damián e Xerardo, dous magníficos comunicadores de "Ponte nas Ondas", que nos ensinaron como levar a cabo un programa de radio.Fomos guionistas, locutores,técnicos de son..., en definitiva, sentímonos nunha emisora de radio.Esta aprendizaxe porémola en práctica próximamente na nosa radio.
Unha mañá onde aprendemos moito ,tanto os mestrxs coma o alumnado.


viernes, 3 de enero de 2020

25 N:"DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

O modelo das nosas lentes:


E tamén os nosos microrrelatos:



O NOSO EXPERIMENTO

Na "Semana da ciencia" fixemos un experimento co zume da lombarda e vimos como cambiaba de cor segundo añadiramos elementos caseiros máis ácidos (vinagre,zume de limón...), ou menos ácidos(auga osixenada,bicarbonato....)
Mirade o resultado!