miércoles, 22 de junio de 2022

BO VERÁN!

Como cada curso chega este día e veñen ao pensamento unha mestura  de sensacións.

Ao longo do ano intentamos aprender pasándoo o mellor posible.

Día tras día transcurre a vida dentro da clase, onde xurden todo tipo de situacións que dificilmente se poden explicar se non se viven. É marabilloso!

Quero que disfrutedes o verán ao máximo,porque o tempo pasa moi rápido.Esperareivos en setembro con moita ilusión para seguir xuntos.

Hoxe foi día de troula,como non podía ser doutra maneira.Tivemos de todo:aniversario,maxia,xogos,comida...

FANTÁSTICO!

BO VERÁN MEUS AMORES!!!💖😍





martes, 21 de junio de 2022

PREMIOS :ATRÉVETE A TER UNHA IDEA

 Un ano máis , unha alumna do noso colexio (Xiana da nosa clase) gañou o premio do concurso Atrévete a ter unha idea.

Fomos a Santiago ao acto onde a agasallaron cunha tablet e un diploma.

PARABÉNS,XIANA!!!!