miércoles, 23 de diciembre de 2020

BOAS FESTAS!

Rematou o trimestre.
O último día tivemos momentos lúdicos(ben merecidos).
Noraboa polo traballo feito!
Descansade e a disfrutar!!!!!!🎄🎅












jueves, 26 de noviembre de 2020

25N

 25 de novembro de 2020:temos unha pandemia para a que están a piques de sacar vacina, pero cantos 25 N teremos que estar recordando a violencia de  xénero? Cando empezará a dar resultado a nosa vacina:EDUCACIÓN NA IGUALDADE?

Espero que algún día estas xeracións cambien a situación ,e o 25 N sexa un día calquera.



sábado, 21 de noviembre de 2020

EXPERIMENTOS

O día 10 de novembro celébrase cada ano o Día Mundial da Ciencia.
Nós celebrámolo facendo algúns experimentos.A ver que vos parecen!!!
Pasámolo moi ben!!!












































lunes, 2 de noviembre de 2020

QUEN DIXO MEDO?

Celebramos o "Samaín",non como outros cursos;pero disfrazámonos e trouxemos unhas cabazas decoradas que quedaron fantásticas!!!!!



domingo, 25 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

O día 19 de outubro celébrase o "Día das Escritoras".Nós quixemos facerlle unha pequena homenaxe ás escritoras galegas,unhas precursoras (nun mundo moi difícil para as mulleres), e outras actuais(noutro momento non menos difícil),buscando algunhas biografías.Todas elas deléitannos coa súa obra,demostrando o seu traballo e esforzo en cada unha das súas palabras,das súas liñas,das súas obras.Grazas a todas!!!! 



HORA DE LER

 Encántanos a "Hora de Ler" ,pero se é o aire libre,aínda máis.Nestas circunstancias,nós aproveitamos o entorno privilexiado do cole para facela.






jueves, 1 de octubre de 2020

MAFALDA DESPIDE A QUINO

 O 30 de setembro falece Quino,o creador de Mafalda.Quixemos que ela lle dixera unhas palabras de despedida.

Un grande perda.

Nunca te esqueceremos,QUINO!!!😢



DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

 O día 26 de setembro a Unión Europea celebra o Día Europeo das linguas, unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuado de varios idiomas.Cada un elixiu unha palabra e buscou como se escribía en diferentes idiomas.



sábado, 12 de septiembre de 2020

NOVO CURSO:NOVA ESPERANZA

Despois deste tempo todo,que pareceu unha eternidade,todos/as botabamos tanto,tanto,tanto de menos regresar ó noso cole,a nosa outra casa,que o encontro foi como voltar por primeira vez a dar clase:nervios,emoción,angustia...,pero con ganas de que todo saia ben,de que podamos estar xuntos/as todo o curso.
Non é igual porque non podemos abrazarnos,tocarnos,pero estamos de novo e, iso hoxe, é o principal.
Máis que nunca o xesto e a palabra teñen un gran poder:miradas (ollos humedecidos de emoción) que camufla a máscara ,tono de voz (quebrado ) nalgún momento;pero AQUÍ CONTINUAMOS,  e, todos/as   camiñaremos nesta nova experiencia e neste novo reto.

ÁNIMO PEQUES!!!!🍀💓

A clase sen vos 😪





A clase con vos!!!! 😍😃





jueves, 25 de junio de 2020

FIN DE CURSO

Este curso foi para min moi especial en todos os sentidos.Podería estar escribindo moito sobre el,pero soamente quero dar a noraboa ás familias e aos nenos/as pola súa colaboración,polo seu traballo e a súa implicación.
Por suposto que este non é o fin de curso que desexaríamos ,pero é o que nos tocou.
Só me queda dicirvos que pasedes un verán fabuloso e merecido,que disfrutedes de todo o que vos gusta e que sexades moi felices.
PASAINO MOI BEN!!!!!
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!

viernes, 15 de mayo de 2020

FERROL 1916

Aquí está o traballo  da versión narrativa do poema de Carvalho Calero :Ferrol 1916.
MOI BEN!!!!


domingo, 10 de mayo de 2020

SEMANA 11 A 15 DE MAIO

Esta semana ímola adicar ás Letras Galegas, que como ben sabedes,celébranse todos os anos o día 17 de maio.Este ano, o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.Todas as actividades desta semana tornan sobre a súa figura;ademais tendes un enlace a actividades interactivas e outro ao blog da biblioteca do colexio para realizar as que se propoñen desde alí.
PARTICIPADE E PASAINO BEN!!!!!!!
As actividades da biblioteca teñen que estar entregadas o xoves,para poder telas na páxina da biblio o domingo.
GRAZAS!!!!!!!!
ACTIVIDADES para descargar  e completalas(están en formato word)no voso correo.

domingo, 3 de mayo de 2020

SEMANA 4 A 8 DE MAIO

TAREFAS PARA ESTA SEMANA AQUÍ

*NOTA:EN C.SOCIAIS HAI ENGADIDO UN VÍDEO NO TEMA. (PAISAXES DE ESPAÑA)

viernes, 1 de mayo de 2020

MAIOS DESDE A CASA

Esta festa tan arraigada na nosa tradición,non podía faltar este ano.Aquí vos deixo os maios e coplas feitos na casa
   







































COPLAS


























                                                                                                                                                                   

jueves, 30 de abril de 2020

MACETEIROS DE RECICLAXE!


   PARA AS FLORES E PLANTAS!!!!
   

    CON BOTELLAS  DE PLÁSTICO!!!!

                       XENIAIS!!!!!!






CALIGRAMAS

Siguen traballando desde a casa!!!
Estes son os seus caligramas.


sábado, 25 de abril de 2020

O QUIJOTE ...

Pois para rematar co Día do Libro tamén cantaron, bailaron...,bueno... MIRADE,MIRADE








jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Este día está sendo moi especial e emotivo. Teriamos que estalo celebrando no cole,pero non pudo ser.
A pesar de todo, celebrámolo na distancia, pero coa mesma ilusión.
Aquí vos deixo as colaboracións de hoxe:
Xoana,enviou este vídeo que ben pode servir de presentación.Espectacular!!!



GÚSTANOS LER...


 

                        




 


OS NOSOS DEBUXOS