Como cada curso chega este día e veñen ao pensamento unha mestura de sensacións.
Ao longo do ano intentamos aprender pasándoo o mellor posible.
Día tras día transcurre a vida dentro da clase, onde xurden todo tipo de situacións que dificilmente se poden explicar se non se viven. É marabilloso!
Quero que disfrutedes o verán ao máximo,porque o tempo pasa moi rápido.Esperareivos en setembro con moita ilusión para seguir xuntos.
Hoxe foi día de troula,como non podía ser doutra maneira.Tivemos de todo:aniversario,maxia,xogos,comida...
FANTÁSTICO!
BO VERÁN MEUS AMORES!!!💖😍
No hay comentarios:
Publicar un comentario