sábado, 12 de septiembre de 2020

NOVO CURSO:NOVA ESPERANZA

Despois deste tempo todo,que pareceu unha eternidade,todos/as botabamos tanto,tanto,tanto de menos regresar ó noso cole,a nosa outra casa,que o encontro foi como voltar por primeira vez a dar clase:nervios,emoción,angustia...,pero con ganas de que todo saia ben,de que podamos estar xuntos/as todo o curso.
Non é igual porque non podemos abrazarnos,tocarnos,pero estamos de novo e, iso hoxe, é o principal.
Máis que nunca o xesto e a palabra teñen un gran poder:miradas (ollos humedecidos de emoción) que camufla a máscara ,tono de voz (quebrado ) nalgún momento;pero AQUÍ CONTINUAMOS,  e, todos/as   camiñaremos nesta nova experiencia e neste novo reto.

ÁNIMO PEQUES!!!!🍀💓

A clase sen vos 😪





A clase con vos!!!! 😍😃





No hay comentarios:

Publicar un comentario