Resumo da función
Cada día son máis habituais as fraudes tecnolóxicas. Desde a
intrusión con software de control remoto, Apps que duplican as SIM, captación de
identidades e outros perigos menos evidentes coma o cobro por incrementar a
calidade dos videoxogos gratuítos, a descarga de tons ou as votacións en programas
televisivos, moita mocidade vese afectada por este tipo de estafas. Os
protagonistas desta obriña, Héctor, Helena e Alejandro, veranse tamén perante
esta situación fraudulenta. Desde o programa de Educación Financeira de Afundación pretendemos
dar resposta a esta problemática, tratando de concienciar o estudantado destes
riscos e da necesidade de saber como protexer as súas finanzas persoais.
Esperando para entrar, tomando a parva.
A función vai comezar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario