Esta vez foi o profe Xosé o que nos explicou como funciona a estación que temos no cole.Este curso seguiremos a meteoroloxía na ubicación do noso cole.Canto aprendemos!!!!!
sábado, 23 de noviembre de 2019
TABLETS
A profe Lurdes veu á clase a ensinarnos novas aplicacións nas tablets.Encantoulles..., e aínda non rematou.Dixo que voltaría e xa estamos todxs desexándoo!!!
sábado, 9 de noviembre de 2019
FOMOS AO TEATRO
Fomos ao Auditorio ver a obra de teatro "TROYA".
Resumo da función
Cada día son máis habituais as fraudes tecnolóxicas. Desde a
intrusión con software de control remoto, Apps que duplican as SIM, captación de
identidades e outros perigos menos evidentes coma o cobro por incrementar a
calidade dos videoxogos gratuítos, a descarga de tons ou as votacións en programas
televisivos, moita mocidade vese afectada por este tipo de estafas. Os
protagonistas desta obriña, Héctor, Helena e Alejandro, veranse tamén perante
esta situación fraudulenta. Desde o programa de Educación Financeira de Afundación pretendemos
dar resposta a esta problemática, tratando de concienciar o estudantado destes
riscos e da necesidade de saber como protexer as súas finanzas persoais.
Esperando para entrar, tomando a parva.
A función vai comezar!
jueves, 31 de octubre de 2019
SAMAÍN
Chegou o Samaín e pasámolo DE MEDO: pintamos caveiras,ollos medorentos,esqueletos,comemos "chuches " que estaban de medo tamén (jajajaja)e,por suposto ...,
DISFRAZÁMONOS!!!!
Este é o resumo:
miércoles, 16 de octubre de 2019
OS NOSOS TRABALLOS
O SISTEMA SOLAR
A CÉLULA
XOANA E ÁLEX
ENMA E ANDRÉ
PABLO
ANA
IRIA
APARATO RESPIRATORIO
APARATO CIRCULATORIO
A CÉLULA
Estos son os traballos elaborados sobre a célula. Fantásticos!!!
Logo, como os compañeiros de sexto tamén estaban co mesmo tema, foron a ensinárllelos e darlles unha pequena explicación.
OS SERES VIVOS
Unha vez explicado o tema,tiñan que elaborar un traballo que consistía nun "lapbook".
Este foi o resultado:EXTRAORDINARIO!
MOI BEN NENXS!!!!!!
ANIMAIS VERTEBRADOS
Con estes extraordinarios traballos e as exposicións, a aprendizaxe foi fabulosa.Moi ben nenxs!!!!!
https://kizoa.app/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d312397433k3844848o2l1/ANIMAIS_VERTEBRADOS
ANIMAIS INVERTEBRADOS
XOANA E ÁLEX
MARTA E ADRIÁN
ANA
IRIA
OS APARATOS DO CORPO HUMANO
APARATO DIXESTIVO
APARATO CIRCULATORIO
miércoles, 9 de octubre de 2019
sábado, 5 de octubre de 2019
PROXECTO E-DIXGAL
Este curso comezamos en 5º co proxecto E-dixgal, polo tanto, non temos libros de texto.Están todos no ordenador persoal que ten cada un dxs nenxs, pero eso non quere dicir que só empreguemos o ordenador.Seguimos escribindo nas libretas e consultando libros e dicionarios.Os ordenadores son unha ferramenta máis para a mellora da aprendizaxe , tendo en conta, que non podemos negarnos a dixitalización na que xa naceron estas novas xeracións.
DÍA DO CLIMA
O 27 de setembro quixemos compartir o noso traballo sobre a importancia que ten a defensa da "nosa nai Terra", xa que o noso proxecto de centro é :" R QUE R QUE R", é dicir, que intentaremos poñer todo da nosa parte, para que o futuro de todos sexa esperanzador.
Elaboramos as pancartas...
E, este foi o resultado...
BENVIDOS
Empezamos este novo curso con moita ilusión e moitas novidades.
O primeiro que ides ver é o cambio do curso pasado a este (os que os coñeciades ídelo notar).
O verán non pasou en balde...
Aquí está o alumnado de 5º deste curso 2019-2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)